HomeCulturaQuiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Quiroga prepárase para celebrar o seu patrón, O San Martiño o 11 de novembro. A programación inclúe magosto, música e actos culturais xa nos días previos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O venres día 7, a Casa da Cultura acollerá a proxección da curtametraxe Pura, gañadora dos premios Mestre Mateo 2025.

A actividade, organizada pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Quiroga; contará coa presentación da obra pola propia directora Carmen Méndez, e unha vez remate a súa proxección, realizarse un coloquio. A presentación e proxección da curtometraxe, con entrada gratuíta, levarase a cabo ás oito do serán, no salón de actos da Casa da Cultura.

O domingo 9 de novembro, o Centro Dramático Galego achega ao Auditorio Municipal de Quiroga o seu último espectáculo “A Serie Clopen”. Trátase da primeira produción propia da compañía que estreou no pasado mes de setembro. Ten como eixo central o circo e como punto de referencia para construír un mundo simbólico que convida á reflexión sobre o momento actual. As entradas para esta espectacular función que terá lugar ás sete da tarde, xa están á venda ao prezo de 5€ na web ataquilla.com

O martes 11 de novembro, propio día de San Martiño, e festa local en Quiroga, comezará ás once da mañá coa celebración dos actos relixiosos, nos que a imaxe do santo homenaxeado recorrerá a zona da praza Maior. Precisamente nesta zona será onde se leven a cabo as actividades desta xornada. Polo mediodía a alborada a cargo do grupo de gaitas local O Recanto. E pola tarde, a partir das sete, magosto e viño novo para todos os asistentes acompañado da música novamente do grupo de gaitas O Recanto e a continuación do DJ Michel.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...