HomesociedadeO Cocido das Meigas puxo o remate a un exitoso Estase Cocendo

O Cocido das Meigas puxo o remate a un exitoso Estase Cocendo

O próximo día 1 de abril sortearase a cesta de produtos de porco, xentileza da Asociación Prodeme. O gañador será o que posúa a rifa cuxas últimas catro cifras coincida co número premiado dese día no sorteo da ONCE. O número premiado publicarase en todas as redes sociais e nas páxinas webs apehl.org e eparacomerlugo.com.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asegura que esta 15º edición do Estase Cocendo foi todo un éxito. A Apehl agradece a todas as persoas que se uniron ás actividades e o patrocinio da Deputación e outros colaboradores.

A falta do sorteo do día 1, o Estase Cocendo remataba esta fin de semana con visita guiada por Monforte e o Cocido das Meigas. Comezouse co Xantar das Meigas no Parador de Monforte de Lemos, pola tarde celebrouse un taller de maquillaxe infantil da man de María Jesús Cao no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Ás 20:00 horas, as meigas reuníronse na praza de España acompañadas de batucada do Centro de Ensinos Artísticos Creativa. Manuela Fuentes, meiga de honra, leu un manifesto e o concelleiros, José Luis Losada e Manuel Mougán, recibiron ás meigas e animaron á xente a participar nesta actividade para que, co tempo, convértase nunha festa maioritaria na cidade e sexa un referente na Ribeira Sacra.

Cocido das Meigas 2023

O xurado do concurso, composto por Pilar Rodríguez, artesá e propietaria da tenda En Lá; María Luisa Sobrino, delegada da Asociación Española contra o Cancro en Monforte, e a fotógrafa Paula Fernández, decidiu outorgarlle o premio de Meiga Maior a Zoraida e o de Meiga Menor a Sofía. As integrantes do xurado valoraron moito a posta en escena, a actitude e a participación durante todo o percorrido.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...