HomePolíticaO PP califica de "cortina de fume" a addenda da Deputación ao...

O PP califica de “cortina de fume” a addenda da Deputación ao convenio da residencia da Pobra do Bollón

En canto ao Plan Único, Castiñeira afirma que ”está conxelado, e debido a iso os concellos, os alcaldes, tiveron que facer auténticas virguerías, porque con menos cartos van poder facer menos obras; coa proposta do PP de dotar con cinco millóns máis ao Plan Único 2023, hoxe traerían arredor de 400 obras e así van presentar 332 obras”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares aseguran que as propostas de addendas que se levaron ao pleno provincial para os convenios das residencias da Pobra do Brollón, de Cervantes e de Ourol “son unha ofensa aos veciños destas localidades que levan catro anos esperando que se faga algo, porque o único que se fixo foi poñer un cartel e facer propaganda”.

Consideran que “estas addendas son unha cortina de fume máis das que nos ten acostumados o señor Tomé para antes das eleccións, pero a xente do rural é intelixente, os lucenses son intelixentes, e non se van deixar embaucar por estas trapalladas políticas que nos trae o señor Tomé”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...