HomesociedadeA Asociación Boca do Monte, de Quiroga, vaise de excursión

A Asociación Boca do Monte, de Quiroga, vaise de excursión

Unha vintena de asociados e asociadas desta entidade dos Anguieiros, en Quiroga, percorrerán un dos itinerarios que propón a Deputación de Lugo para coñecer a provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 5 de abril a Asociación Boca do Monte participará no programa ‘Coñece a túa Provincia’ que ofrece dende hai uns anos a Deputación de Lugo.

Unhas 20 persoas de diferentes xeracións xuntaranse para saír de excursión ese día con destino ao Cebreiro. Despois dunha parada en Lugo para coñecer a institución provincial, dirixiranse á aldea do Cebreiro onde visitarán o santuario e a palloza museo para despois facer un percorrido curto do Camiño Francés a Santiago –uns 2 quilómetros–. A continuación, as paradas previstas serán Samos e Triacastela.

“Será a nosa primeira excursión xuntos, nunha actividade conxunta e socializadora que nos levará fóra da nosa contorna de Montefurado e Quiroga”, comenta Xosé Manuel Fernández, o presidente da entidade., engadindo que “traslada os seus parabéns e agradecemento á Deputación de Lugo pola iniciativa”.

COÑECE A TÚA PROVINCIA

Este programa foi deseñado pola cos obxectivos de reactivar a hostalería, apoiar e dar visibilidade a destinos (lugares, establecementos e profesionais que forman parte da cadea de valor do sector turístico) e sensibilizar á veciñanza do potencial da súa provincia favorecendo tamén as escapadas de proximidade e o desenvolvemento económico, social e medioambiental.

O programa ofrece unha excursión a cada entidade beneficiaria na que se inclúe o transporte de ida e volta aos destinos, póliza de seguro de viaxeiros, menú de xantar e entradas para os lugares que se visiten. Ademais, con cada grupo irá un/unha guía acompañante coa habilitación de ‘guía oficial de turismo de Galicia’.

Vista aérea dos Anguieiros / Asoc. Boca do Monte.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...