HomesociedadeIntercambio entre os Santuarios dos Remedios da Ermida e Castro Caldelas

Intercambio entre os Santuarios dos Remedios da Ermida e Castro Caldelas

Este pasado domingo asinábase o acordo de colaboración entre os cregos das respectivas Igrexas no Santuario da Ermida, en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo 23 de abril, a Igrexa da Ermida foi o lugar escollido para a sinatura dun convenio que compromete ás Igrexas de Castro Caldelas e da Ermida, en Quiroga, a celebrar en agosto unhas misas na honra á Virxe dos Remedios.

O convenio establece, a grandes trazos, que os días 8 e 12 de agosto terán lugar esas misas, actos relixiosos nos que coincidirán xuntas as dúas tallas das patronas así como tamén todos os elementos desta celebración barroca que caracterizan as dúas romarías: o Meco e as Pampórnigas (A Ermida) xunto co Irrio Peliqueiro e os Exvotos (Castro Caldelas).

O Meco e O Irrio no atrio da Igrexa da Ermida. Foto: Ana Álvarez.

Dende hai anos estableceuse unha colaboración entre as Igrexas de Quiroga-Courel e de Castro Caldelas que levaron a estudar os xacementos do Burgo de Caldelas, de San Xoán de Camba e da Ermida, así como de axuda mútua en celebracións de Semana Santa, Exposicións e outros actos.

O acto do domingo na Ermida serviu para deixar por escrito este compromiso e no acto participaron conxuntamente o Meco, as Pampórnigas, o Irrio Peliqueiro e os Exvotos. Asinaron os respectivos cregos de cada Igrexa –Jesús Río Ramilo (Quiroga) e José Manuel Armesto (Castro Caldelas)– e estiveron presentes veciñas/os da Ermida ademais da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Sinatura do convenio. Foto: Sara Inés.
Un momento da misa. Foto: Sara Inés.

Respecto do intercambio de colaboración, o 8 de agosto será a data na que suba a Castro Caldelas dende a comitiva da Ermida, e o 12 do mesmo mes baixarán dende Caldelas para facer o rito na parroquia quiroguesa.

A Adega Casa de Outeiro, asinante dun convenio de colaboraión recente coa Asociación Souto do Val, tamén estivo presente e ofreceu un aperitivo ás e aos presentes.

Aperitivo que se ofreceu ao rematar a misa. Foto: Ana Álvarez.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...