HomeTerra de LemosMonforteO documental sobre o 'Circo Nevada' estréase no festival internacional 'Play Doc'...

O documental sobre o ‘Circo Nevada’ estréase no festival internacional ‘Play Doc’ de Tui

O traballo audiovisual, con selo monfortino, está dirixido por Manuel Valcárcel e producido por Amanita Studio. A estrea internacional será este venres 28 de abril ás 21:30 h.

Publicado o

- Advertisement -

A longametraxe documental Circo Nevada, producida por Amanita Studio e dirixida por Manuel Válcarcel, fotógrafo e director cinematográfico, estréase este 28 de abril no Play Doc International Film Festival de Tui que se celebrará entre os días 26 de abril e 01 de Maio. O filme participa na sección a competición Galicia.

Amanita Studio é unha produtora monfortina responsable de filmes como Os días Afogados, Idénticas, ambas gañadoras do Mestre Mateo ao mellor documental, ou a coprodución Lúa Vermella estreada na Berlinale; e de Manuel Valcárcel pódese salientar que foi director do documental Tempo e operador de cámara para series de éxito nacional e internacional como La Unidad ou, máis recentemente, na longametraxe Life is Live.

Manuel Valcárcel. Foto cedida por Amanita Studio.

CIRCO NEVADA, O DOCUMENTAL

Circo Nevada, que conta coa participación de Deputación de Lugo e o Concello de Monforte, é unha longametraxe documental que xira en torno as vivencias dos integrantes do Circo Nevada durante o tempo que quedaron en Monforte de Lemos, polas restricións de mobilidade acordadas durante o estado de alarma decretado polo Goberno Español durante a pandemia da COVID-19. O filme fala sobre as súas emocións, e as dificultades de enfrontarse a unha situación cada vez máis angustiosa, sen poder volver as súas casas e sen poder realizar actuación algunha. Pouco a pouco vaise creando un microcosmos, fiel reflexo da sociedade na que vivimos , onde as clases sociais separáronse máis e máis a medida que avanzou a pandemia. 

A estrea supón o pistolezado de saída a unha distribución que terá un percorrido multiplataforma que levará a película a viaxar por diversos festivais de cinema, concellos galegos e salas de cine. En palabras do produtor do filme Iván PatiñoA estrea en Play Doc supón comezar da mellor maneira posible a distribución do filme. Play Doc é un dos mellores festivais de documentais que existen en España e competir na sección oficial da boa conta de que a película esperta un grande interese”.

Fotograma do documental. Imaxe cedida por Amanita Studio.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...