HomeCultura"As aldeas da memoria” preséntase este 29 de abril no Cuartel Vello...

“As aldeas da memoria” preséntase este 29 de abril no Cuartel Vello de Taboada

O Cuartel Vello de Taboada acolle este sábado, 29 de abril, ás 18.00 horas, un recital poético e musical ao redor do libro “As aldeas da memoria”, con poemas de Baldo Ramos e fotografías de Nachok.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración da Asociación de Mulleres A Landra, dá difusión ao poemario editado polo Servizo de Publicacións, que reflexiona, a traves da palabra e a imaxe, sobre o despoboamento das aldeas.

Os autores recitan os poemas co acompañamento do músico, Mano Panforreteiro, que xenera paisaxes sonoras con instrumentos musicais e obxectos sonoros.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo refroza con estas actividades a promoción e difusion dos títulos editados ou participados polo Servizo de Publicacións, apoiando a súa venda nas librarías e poñendo en valor o traballo das súas autoras e autores.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...