Homesociedade265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

A Xunta achega 265.000 euros a 12 concellos lucenses para adquirir vehículos e maquinaria destinada á prevención de incendios forestais, ao abeiro dunha nova orde de axudas autonómicas cofinanciada con fondos Feder.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou o 24 deste mes a resolución da convocatoria, que beneficia aos concellos de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Guntín, O Incio, Xermade, A Pastoriza, A Ribeira de Piquín, A Pontenova, Trabada e O Vicedo.

A iniciativa busca axudar aos municipios de ata 30.000 habitantes a que dispoñan dun marque de maquinaria axeitado para realizar actividades preventivas, como limpeza e roza en bordos de estradas locais, contornas de núcleos de poboación e espazos naturais.

As contías poden chegar ata os 30.000 euros, para adquirir vehículos e accesorios; así como a compra de maquinaria forestal lixeira eléctrica ou vehículos complementarios para as tarefas forestais. Trátase de equipamento como miniescavadoras, compactadoras ou rodetes, pequenos tractores, rozadoiras, remolques, trituradores, vehículos todoterreo e minicamións, entre outros.

Esta medida súmase ás diferentes liñas de apoio que activa cada ano a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para facilitarlles ás administracións locais tanto a mellora de equipamento como de instalacións públicas, entre as que destaca o Fondo de Compensación Ambiental, o Fondo de Cooperación Local (FCL) e a orde destinada a crear ou mellorar as infraestruturas municipais nas que se presta servizo aos cidadáns

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...