HomeCulturaRoteiros literarios, certames e festival de música para celebrar o 17 de...

Roteiros literarios, certames e festival de música para celebrar o 17 de maio en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará o Día das Letras Galegas deste ano 2023, que está adicado ao tradutor, novelista, historiador, periodista e editor, Francisco Fernández del Riego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as actividades programadas, faranse de maio a xuño “roteiros literarios por Monforte” que terán que estar previamente concertados co Concello e que están pensados para celebrarse nas principais rúas e prazas da cidade.

A segunda actividade, consiste nun certame de narración e debuxo infantil convocado pola Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro e que tiña como prazo máximo de entrega este 16 de maio. O certame convócase para tres categorías de participantes nas dúas modalidades, narración e debuxo, en función das idades dos distintos candidatos a sair premiados. Os finalistas do certame pasan directamente á fase provincial que se desenrolará a finais de maio e de onde sairán os premiados provinciais definitivos.

A terceira actividade programada é un festival de música que terá lugar o propio día de celebración das Letras Galegas, este mércores na casa da cultura Poeta Lois Pereiro, ás 12.00. Este festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, contará coas actuacións da Coral Polifónica do Concello de Monforte e do Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...