HomePolíticaO Xulgado de Sarria admite unha gravación na que o alcalde di...

O Xulgado de Sarria admite unha gravación na que o alcalde di que a investigación na residencia foi “legal”

O candidato do PSOE na localidade, imputado na causa por falsidade documental e malversación, pide o arquivo

Publicado o

- Advertisement -

O Xulgado de Sarria investiga ao candidato do PSOE á Alcaldía da localidade, Benjamín Encontrela, polo contrato a un detective privado que investigou ás traballadoras da residencia de maiores. A denuncia foi presentada polo actual e candidato de Camiña Sarria, Claudio Garrido.

Segundo informou este xoves a Europa Press o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nesta causa, o xulgado admitiu unhas gravacións tras ser presentadas polo investigador privado, que permanecía imputado ata este xoves, xornada na que a xuíza decretou o sobresemento provisional das actuacións que lle afectaban.

Nestes audios, tal e como destacou o Partido Socialista, o alcalde recoñece que o traballo do detective é “legal”. Con todo, polo momento, a causa séguese instruíndo e Benjamín Encontrela continúa citado como investigado, aínda que pediu o adiamento e aínda non compareceu.

Tras coñecerse que o xulgado admitiu as gravacións, Econtrela presentou un escrito na xustiza no que pide o arquivo da causa no que sinala o feito que fundamenta todo o investigado é a existencia ou non duns informes dun detective privado sobre o persoal da residencia, uns documentos que foron entregados no Xulgado polo propio detective.

Ademais, subliña que o propio investigador privado achegou a gravación dunha conversación telefónica co alcalde, na que o propio rexedor recoñece que “os contratos son legais, que os traballos están feitos e que iniciou este proceso por motivos políticos”.

Por iso, o candidato socialista esixiu ao alcalde que “deixe de facer xogo sucio”. “Xa abonda de mentir, de manipular e de enredar continuamente. Os veciños merecen respecto, transparencia e a verdade”, asegura Encontrela, que di que a súa candidatura ofrece estes valores e comprométese a sacar adiante “unha xestión seria, responsable e eficaz, recuperando a estabilidade, a ilusión e a esperanza no futuro” para o concello de Sarria.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...