HomePolíticaEspertamonforte reivindica unha mobilidade segura e sustentable

Espertamonforte reivindica unha mobilidade segura e sustentable

Segundo Esperta Monforte, no informe RACE 2020 sobre a Siniestralidade viaria en municipios de 5000-20.000 habitantes, Monforte aparece en primeiro lugar en accidentes e mortes en España, 48% por atropelos, 80% en maiores de 65 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Espertamonforte organizou na cidade do Cabe unha caravana verde por unha mobilidade segura e sustentable, consideran que o peón é o gran esquecido na política municipal, en inferioridade fronte ao automóbil. O acto reivindicativo desenvolveuse como remate da pasada campaña electoral.

Esperta Monforte considera que os datos do informe RACE son unha fatalidade para Monforte que pode evitarse. Lembran que a 11/5/21 Normativa DGT reduce a velocidade a 30km/h nas cidades, en todas as vías urbanas dun só carril en cada sentido, “Monforte ten vías de doble carril en cada sentido no casco urbano, pero non está sinalizado este limite. Non se adoptan medidas para calmado do trafico. Non se fai cumprir a normativa,” aseguran desde Esperta Monforte.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...