HomesociedadeMonforte anuncia subvencións para asociacións de carácter social e axudas para libros...

Monforte anuncia subvencións para asociacións de carácter social e axudas para libros e material escolar

O orzamento para subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais é de 12.000 euros, mentres que o destinado para adquirir libros de texto e material escolar do vindeiro curso ascende a 25.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Equipo de Goberno aprobou a convocatoria anual de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais no Concello de Monforte, durante o exercicio 2023.

Esta liña de axudas ten como obxectivo fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ao seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

CONTÍA E TRAMITACIÓN

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2023 ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención. Do mesmo xeito, como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 70% do seu orzamento.

A solicitude e documentación requiridas para acceder ás devanditas axudas poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común antes do 14 de xuño de 2023.

O detalle das bases para acceder ás subvencións municipais está publicado na web do Concello de Monforte de Lemos.

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

O concello vén de publicar tamén as bases e a convocatoria das “Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario curso 2023/2024 do Concello de Monforte” tendo de prazo para solicitar as mesmas os/as interesados/as ata o luns 26 de xuño.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2023/2024 en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o concello destina 25.000 euros para estas axudas despois de aumentar a cantidade de 5.000 euros máis que o pasado ano co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda”.

Para coñecer as bases da convocatoria ao detalle e coñecer a documentación que cómpre achegar pódese acceder á páxina web do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...