HomesociedadeComezaron os paseos en barca polo Cabe

Comezaron os paseos en barca polo Cabe

Este sábado 1 de xullo púxose en marcha o servizo cos primeiros usuarios e seis barcas dispoñibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Púxose en funcionamento, un ano máis a actividade de paseos de lecer en barca polo tramo do cabe que transcorre pola cidade de Monforte. Trátase, como dixo o alcalde, “dunha actividade que conta con moita aceptación tanto entre os monfortinos e sobre todo, nas persoas que nos visitan durante estes meses de verán”.

A actividade, que estará operativa ata o 30 de setembro, está organizada polo Concello de Monforte de Lemos, coa colaboración da Deputación de Lugo e o Club de Piragüismo Quixós, entidade que xestiona e organiza o servizo.

 “Os paseos en barca polo río Cabe son durante os meses de verán un referente na programación cultural da cidade e un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época”, comenta tamén José Tomé.

Como é tradición, o punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, custará 3,25 euros, como en anos anteriores.

Estas travesías en barca poderán facerse nos seguintes horarios:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
  • Sábados, domingos e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

NORMAS DE SEGURIDADE

  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas, se son solicitados .
  • Seguirase en todo momento as instrucións do persoal encargado da actividade.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...