HomeCulturaCinema Galego na Pobra do Brollón

Cinema Galego na Pobra do Brollón

Todos os xoves de novembro proxeción dun filme as 20:15 horas na Casa da Cultura, seguida dunha mesa redonda con participantes na película.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves 1 de novembro comeza na Pobra do Brollón o “I CICLO DE CINEMA GALEGO” coa proxección de “Sicixia” ás 20:15 horas. Ao rematar a película haberá unha mesa redonda co director Ignacio Vilar.

A seguinte xornada do ciclo é o xoves 8 de novembro coa presentación ás 20:00 h. e posterior pase da película “O Canteiro de Sebil” ás 20:15 h. A continuación terá lugar unha mesa redonda con César Caramês, membro de Quinteiro (proxecto comunicativo da comarca do Umia) e co arqueólogo Xurxo Ayán.

Para xoves día 15 de novembro a proxección elixida para as 20:15 horas é “A palabra Xusta”. Coa previa presentación ás 20:00 horas e terminando coa mesa redonda na que participarán o director Miguel Piñeiro e a profe Doura. O xoves 22 de novembro presentación ás 20:00 h e emisión da película “ Angrois non esquecemento” ás 20:15. Mesa redonda co Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes.

A película “A Esmorga” é a escollida para rematar este I Ciclo de Cinema Galego o xoves 29 de novembro. Mesa redonda co director Ignacio Vilar e a poeta Olga Novo. Para a asistencia a esta mesa redonda recoméndase a lectura da obra do mesmo nome escrita por Eduardo Blanco Amor.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...