HomeCulturaJazz e Blues no corazón do Courel

Jazz e Blues no corazón do Courel

O 'CourelSon 2023' volve os días 23 e 24 de xullo con dous concertos que terán como escenario dúas airas de Paderne e Vieiros. As actuacións están programadas para as 20:30 h. e a entrada é de balde.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel segue adiante co CourelSon 2023 e lembra dúas datas para gozar do Jazz e Blues en paraxes espectaculares no mes de xullo: domingo 23 e luns 24.

O domingo 23 o escenario escollido é á aira do Quintairo de Paderne, lugar que acollerá o concerto de Marcos Coll e Adrián Costa. A actuación será a partir das 20:30 horas con entrada libre.

Máis de dúas décadas enriba dos escenarios de todo o mundo contemplan a estes dous músicos imprescindibles na escena do blues europeo, xa sexa como formación –coñecida internacionalmente como ‘Los Reyes del KO’– ou actuando por separado. Non hai ningunha figura actual do Blues que non teña requirido da harmónica de Marcos ou da guitarra e voz de Adrián para acompañalos nalgún dos seus directos.

Dende a entidade organizadora lembran, para poñer en valor esta actuación en pleno corazón do Courel, que estos músicos “teñen tocado por separado en todos os recunchos que se poden imaxinar e enchen o aforo de calquera lugar no que toquen, polo que poucas oportunidades terán os afeccionados ao blues de escoitar a estes dous mitos do escenario tocando en parella e coa Devesa de Paderne como espectadora”.

Ademais do concerto, haberá outras actividades en Paderne. Ás 18:00 horas farase unha ruta micolóxica aberta a todo o público e dirixida pola Sociedade Micolóxica Lucus; e ás 20:00 horas poderase asistir á inauguración da exposición itinerante sobre ‘Os Padernes’, os músicos que serviron de inspiración para a creación do CourelSon. Segundo os organizadores, “o lugar para presentar a mostra non podía ser outro que a aldea na que naceron e desenvolveron a meirande parte da súa actividade creativa”.

ACTUACIÓN EN VIEIROS

O luns 24 de xullo as actividades trasládanse a Vieiros coa actuación do quinteto ‘Dúbida’ na fermosa aira desta aldea a partires das 20:30 horas, e tamén será de balde. Respecto a esta fromación, ‘Dúbida’, comentar que son un quinteto de funk/blues compostelán formado hai menos de tres anos por músicos novos pero cunha grande experiencia musical ás súas costas. Menos coñecidos que os anteriores pero que sorprenderán a quen se achegue a Vieiros.

Quinteto ‘Dúbida’. Foto cedida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel

Pola tarde tamén haberá percorridos interpretados a cargo de Diego García, da Cooperativa Miudiño, entidade asociada a AEGNEA (asociación de empresas de guías de natureza e educadores ambientais), que colabora coa Asociación nesta actividade. Nestes percorridos, que se desenvolverán a partires das 18:00 horas, poderase descubrir Vieiros.

Un pouco máis tarde, ás 19:30 horas, vaise presentar o libro ‘Animais fantásticos de aldea’, da moza escritora e ilustradora Andrea García Martínez. Está inspirado nunha aldea de Courel (concretamente Froxán) e destinado a todo o público, pero sobre todo ao público infantil. Paula Carrera Sotelino, parte fundamental da cooperativa Outonía e residente na mesma aldea de Vieiros, será a encargada de presentar á autora.

O CourelSon terá continuidade en agosto, concretamente cos seguintes concertos: o 4 de agosto en Mercurín e o 5 de agosto en Seceda.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...