HomeCulturaMúsica, cine, circo, teatro e actividades no encoro de Vilasouto protagonizan o...

Música, cine, circo, teatro e actividades no encoro de Vilasouto protagonizan o verán no Incio

As actividades son gratuítas e están abertas a todas as persoas interesadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de actividades municipais ata que remate agosto contará con tres sesións de cine os días 26 de xullo, 14 de agosto e 28 de agosto. O mércores día 26 proxectarase ‘Padre no hay más que uno’ no local social de Vila de Mouros ás 22:00 horas. O 14 de agosto ‘Padre no hay más que uno 2’ no mesmo lugar á mesma hora. E o 28 de agosto poderase ver a terceira parte desta triloxía de novo no local social de Vila de Mouros ás 22:00 horas.

O venres 28 de xullo haberá un concerto de Os Parentes, na Praza de España ás 22:00 horas. O mesmo escenario o martes 1 de agosto acolle o espectáculo para público adulto ‘Contos de contrabando’ a cargo de Avelino González.

Os días 7 e 8 de agosto haberá un curso de piragüismo a cargo do club Quixós en Vilasouto. As persoas que queiran participar poden anotarse chamando ao Concello do Incio. Xa o xoves 17 de agosto os máis pequenos da casa e o público familiar poderán gozar do conto musicado ‘O oso caroso’ na Praza de España ás 18:00 horas.

O martes 22 de agosto a música encherá a Praza de España a partir das 20:00 horas co concerto ‘Carta de Ajuste’. O venres 1 de setembro chega o espectáculo ‘Circo Chosco: Forzu2’ no local social de Vila de Mouros ás 19:00 horas.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...