A secretaria de acción sindical de CCOO Lugo cualifica os datos do paro do mes de xullo de moi positivos ao descender nas comarcas de: Lemos, Quiroga e Chantada en 63 persoas, o que significa que baixar da “cifra fatídica dos 2000“ quedando en 1967 parados. Descende tamén en Sarria con 25 parados menos.
Os datos por concellos na comarca de Lemos 1256 (-37) son:
- Bóveda 39 (-2)
 - Monforte de Lemos 887 (-26)
 - Pantón 90 (+3)
 - A Pobra do Brollón 56 (+3)
 - O Saviñao 122 (-7)
 - Sober 62 (-8)
 
Os datos por concellos na comarca de Quiroga 199 (-15) son:
- Folgoso do Courel 36 (-1)
 - Quiroga 130 (-11)
 - Ribas de Sil 33 (-3)
 
Os datos por concellos na comarca de Chantada 512 (-11) son:
- Carballedo 62 (+3)
 - Chantada 363 (-13)
 - Taboada 87 (-1)
 
Os datos por concellos na comarca de Sarria 782 (-25) son:
- O Incio 34 (-3)
 - Paradela 18 (-1)
 - Samos 31 (=)
 - Sarria 580 (-10)
 - Láncara 79 (-7)
 - O Páramo 30 (-2)
 - Triacastela 10 (-2)
 
O sector con menos paro nas catro comarcas foi a agricultura, en Lemos con 84 parados, en Chantada con 40, Quiroga con 10 parados e Sarria con 46. E os sectores con máis paro son, en Lemos servizos con 863 e construción con 104; en Quiroga servizos con 139 e industria con24; en Chantada servizos con 328 e industria con 47 e en Sarria servizos con 523 e industria con 72. O sindicato destaca o bo comportamento do desemprego en Lugo-Centro Sur ao producirse un descenso de 88 parados.
Desde CC.OO sinalan “Vemos con preocupación a situación de moitas traballadoras dos sectores de hostalería, así como empregadas de fogar, sen dar de alta na seguridade social con xornadas maratonianas de 12 horas. O que supón unha explotación laboral. Desde CC.OO puxemos a denuncia correspondente por haber casos flagrantes de ser despedidas en período de proba aos (20-30 días) e sen pagarlles o salario correspondente.” Denuncian tamén a grave situación que están a padecer nos últimos anos os profesores Interinos en institutos da provincia, ao ser despedidos durante o verán, “clara fraude de lei posta en coñecemento do Xulgado do Social”.

                                    