HomeMedio ambiente e PatrimonioO incendio forestal activo en Quiroga calcinou xa 18 hectáreas

O incendio forestal activo en Quiroga calcinou xa 18 hectáreas

As hectáreas calcinadas no incendio forestal que permanece activo no municipio lucense de Quiroga ascenden a dezaoito, segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural a Europa Press.

Publicado o

- Advertisement -

Este lume orixinouse ás 15.26 horas na parroquia de Montefurado. Alí traballan para a súa extinción tres técnicos, seis axentes, dez brigadas, dez motobombas, unha pa, oito avións e oito helicópteros.

Por outra banda, o incendio forestal da Illa que permanecía activo desde as 16.58 horas deste martes deuse por controlado ás 19.33 horas. As hectáreas queimadas neste caso foron 0,4, metade arboledo e metade monte raso.

Na súa extinción traballaron durante a tarde deste martes dous axentes, cinco brigadas, dúas motobombas, dous avións e un helicóptero.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...