Homesociedade18 e 19 de agosto de Outlet de verán no comercio de...

18 e 19 de agosto de Outlet de verán no comercio de Sarria

Durante eses dous días, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos, co obxecto de dar saída aos stocks de anos anteriores e/o o produto excedente da tempada de verán. Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar,...

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES leva a cabo este venres e sábado, días 18 e 19 de agosto respectivamente, a décima edición Outlet de Verán do comercio sarrián, cunha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un prezo moi asequible.

As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa. Esta décima edición conta coa participación de 25 establecementos que son os seguintes: ATMOSFERA SPORT, BARJA SHOES, CACTO ROSE, CALZADOS GAYOSO, CALZADOS VEIGA, COLORÍN COLORADO, CRIS ABAD, DIMAR MODA, DUET MODA, ISABEL MODA, XOIERÍA DÍAZ, XOGUETERÍA 123 AGOCHO INGLÉS, LAREIRA DE MENCHU, LATEXES PINTURAS E HOGAR, Os SOÑOS DE UXÍA, MERCERÍA LUCÍA, MERCERÍA SARILLO, MICSPORT SARRIA, MONCHO MODA, SABRINA MODA, SENAYO, TRECE TÁBOAS, ULTREIA, VILAMEY COMPLEMENTOS E ZAIDA.

Todos eles contarán cunha zona “Outlet” onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo. Un distintivo xigante nos escaparates identificará a preto da trintena de comercios participantes, que abrirán as súas portas no seu horario habitual. Unha actividade máis para fomentar o mercado local e á que convidan a participar a todo o público de Sarria.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...