HomeMedio ambiente e PatrimonioPlásticos agrícolas, un problema medioambiental e social?

Plásticos agrícolas, un problema medioambiental e social?

Segundo Fruga, Federación Rural Galega, hai un ano que rematou o contrato entre a Consellería de Medio Ambiente e a concesionaria da reciclaxe de plásticos agrícolas e pídenlle que se retome para evitar que os plásticos acaben ciscados polos montes.

Publicado o

- Advertisement -

En Galicia, cada ano xenéranse unhas de 7.700 toneladas de plástico agrario, das que 6.800 proceden de silos e 900 de invernadoiros e hortas. Estes plásticos víñanse depositando nos lugares marcados por aqueles concellos que tiñan asinados convenios coa Consellería do Medio Ambiente. Estes puntos de almacenamento eran baleirados pola empresa contratada pola Xunta para a súa reciclaxe. Pero ese contrato, segundo Fruga, expirou.

O servizo evitaba que os pláticos agrícolas acabasen ciscados por leiras e montes, ou queimados incontroladamente; pero segundo Fruga o contrato deste servizo, rematou hai un ano. A organización agraria solicita da Xunta que se retome e que se leve a cabo unha campaña de concienciación para aumentar o volume de plástico que se viña recollendo. No 2010, o mellor ano de recollida, retiráronse unhas 4.000 toneladas de plástico, a metade do que se produce no agro, segundo os datos da propia Xunta que manexa Fruga.

Que non se manteña o servizo é calificado por Fruga como unha irresponsabilidade da Xunta e reclámanlle que se retome para evitar un serio problema medioambiental e social.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...