HomesociedadeA Festa da Vendima do Saviñao "daranos unha foto coa mellor imaxe...

A Festa da Vendima do Saviñao “daranos unha foto coa mellor imaxe das vacacións”, asegura o alcalde, Carlos Armesto

"Imos coa segunda edición nun marco incomparable como é a Devesa. Non pretendiamos facer unha festa máis, queriamos un ambiente moi coidado e fomos a uns stands en madeira acordes coa Devesa, poñendo moitas zonas de comer e moitas zonas de estar."

Publicado o

- Advertisement -

O Saviñao acolle esta fin de semana, 2 e 3 de setembro, a 2ª edición da “Festa da Vendima do Saviñao”. A cita terá lugar no entorno natural da Devesa, onde atopar os viños das adegas: Adegas Moure, Pilares de Belesar, S.A.T. Virxe Dos Remedios e Galanteiro. Haberá tamén postos de artesanía e gastronomía, rutas para coñecer a ribeira e concertos. Repasamos co alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, o que nos depara a Festa da Vendima, mentres están pendentes da climatoloxía.

Carlos Armesto / XdL

Que ten de especial esta festa para O Saviñao?

Creo que tiñamos unha débeda como concello e comarca. Dentro do que eran as festas e feiras gastronómicas había moitos concellos que tiñan fera do viño, parecíame que xa non había oco para máis. Pero en toda a Denominación non tiñamos unha festa da vendima, e vimos un oco para encaixala no Saviñao. Puxémonos a traballar cunha comisión, de man das adegas e de moita xente e o ano pasado sacamos a primeira edición dunha festa que veu para quedarse. Agora que naceu temos que conseguir que vaia medrando e se faga grande.

A Devesa de Escairón parece un escenario perfecto

Imos coa segunda edición nun marco incomparable como é a Devesa. Dúas hectáreas de árbores con moitos centos de anos no centro urbano e que nos dá un ambiente de moita natureza, entón quixemos coidar moito os detalles. Non pretendiamos facer unha festa máis, queriamos un ambiente moi coidado e fomos a uns stands en madeira acordes coa Devesa, poñendo moitas zonas de comer e moitas zonas de estar.

Todo aderezado con música do panorama galego. O ano pasado tiñamos grupos folk e este ano imos con Hevia, cos Gin Toni´s, que xogan na casa, Rocío Caamaño. Teremos a actuación de BMT Suevia, querendo tirar de gaiteiros e de música folk e tradicional. E remataremos coa Charanga Louband e Grupo América de Vigo. O ambiente vai estar moi coidado nun espazo como a Devesa para poñer en valor a uva, o alimento do que sae o viño, e festexar a vendima.

E levarase á xente á ribeira tamén?

Ademais de concentrar a maioría das propostas durante dous días na Devesa, sacamos bacorrutas para que a xente poida ir ao Ecomuseo de Arxeriz, entidade colaboradora coa Festa da Vendima e ademais unha das aulas do museo dedicada á viticultura, sácase íntegra á Devesa, polo que gratuitamente a xente poderá ver todos os apeiros da vendima, todo o que se utilizou histçoricamente na vendima. Esta exposición ocupará unha zona de máis de 500 metros cadrados na carballeira e temos as bacorrutas para coñecer o museo, as adegas, a igrexa de Santo Estevo. Darlle unha pincelada á xente para que entenda o que é a ribeira e como se traballa durante a vendima neses socalcos.

O pregón desta edición será o día 3 ás 12:00 e correrá por conta de Francisco Conde, deputado no Congreso e ex vicepresidente da Xunta de Galicia. Como presentaría ao pregoeiro?

O ano pasado foi distinguido como Cabaleiro da Orde da Vendima. Como vicepresidente da Xunta apostou moito por esta festa e polo concello, traballou activamente por buscar financiación e axudarnos coa festa; dentro da área de industria e comercio traballou de man coas adegas. Pareceunos que este ano, unha vez que era Cabaleiro, o pregón era unha nova distinción. Propúxoselle e aceptou. É un pregoeiro da terra, da Ribeira Sacra, é un monfortino que coñece ben a ribeira e sempre estivo vencellado e trabllando a favor das adegas.

Imaxino que preocupan as condicións climatolóxicas para a fin de semana, que lle dicimos á xente?

Fixemos todo o imposible para facer o mellor evento, para levar unha foto coa mellor imaxe das vacacións. Rematamos as vacacións e que a despedida poida ser esta. Si que lle temos moito medo á choiva, estamos constantemente consultando os partes con Meteogalicia. Estamos agora buscando solucións para os stands de madeira, darlles unha parte de cubrición. A xente que se anime a participar da festa porque está todo preparado para disfrutar durante dous días.

Devesa de Escairón preparativos Festa da Vendima / Concello do Saviñao

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...