HomesociedadeÉxito de participación nas visitas á zona de ámbito xudeu de Monforte

Éxito de participación nas visitas á zona de ámbito xudeu de Monforte

O Concello de Monforte informa do éxito de participación nas dúas visitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu de Monforte, que tiveron lugar este domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do total de 100 prazas ofertadas (50 por quenda), finalmente foron un total de 140 inscritos (70 por quenda), que foron integrados en cada unha das visitas, dado que foron desenvoltas en zonas exteriores, sen problemas de aforo, e debido o enorme interese suscitado.

As visitas, que foron comentadas por Felipe Aira, enmárcase dentro das actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudía, e intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello monfortino.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade. Este ano 2023, Monforte de Lemos preside a Red de Juderías de España.

O lema da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2023 é “Memoria”, chave colectiva e individual que mantén e transmite a cultura xudía ó longo dos séculos.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...