HomesociedadeAberto o prazo para solicitar as axudas para contratar ao alumnado do...

Aberto o prazo para solicitar as axudas para contratar ao alumnado do Obradoiro de Emprego da Pinguela

Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas terán 30 días de prazo, a contar dende este 14 de setembro e ata o 13 de outubro, para formalizar as súas solicitudes. Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación do alumnado dos módulos de “Carpintería e de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”, que participaron no Obradoiro dual de emprego do concello, e que rematarán a súa formación o vindeiro 1 de novembro de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos/as alumnos/as e os contratos deberán ser dun mínimo de 3 meses a xornada completa. “Dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral destes alumnos que realizaron unha gran labor de formación en restauración de mobles e carpintería en xeral, así como na especialidade de dixitalización de documentación histórica do arquivo municipal e cultural,” sinalou o alcalde.

A estas axudas poderán optar entidades, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...