HomesociedadeClausura do obradoiro dual de emprego, Serra do Faro VII, compartido por...

Clausura do obradoiro dual de emprego, Serra do Faro VII, compartido por Chantada e Carballedo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no peche deste obradoiro, que durante doce meses proporcionou formación e un contrato de traballo a 20 persoas desempregadas. As tres especialidades impartidas foron Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción; Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade clausurou este martes o taller de emprego Serra do Faro VII, promovido polo Concello de Chantada asociado co de Carballedo e financiado pola Xunta de Galicia con 534.000 euros.

Os participantes recibiron ensinanzas teóricas e prácticas e desenvolveron distintos labores nos respectivos concellos. Así, en Carballedo traballaron na rehabilitación da cámara agraria e no remate da casa da cultura da Barrela; e acondicionaron zonas axardinadas e mobiliario urbano en varios espazos desta localidade e do núcleo de Castro.

Pola súa banda, en Chantada adicáronse á construción dunha caseta para aseos no parque Eloísa Rivadulla e uns vestiarios na área deportiva de Lamas Carvajal. Tamén se ocuparon do mantemento de xardíns.

En canto ao módulo de atención sociosanitaria, o alumnado tivo a oportunidade de formarse no fogar residencial e centro de día da Barrela, no municipio de Carballedo.

O obradoiro inclúe incentivos para contratar aos 20 participantes en empresas da contorna para desenvolver funcións relacionadas coas especialidades aprendidas.

ÚLTIMAS

Máis de 1.500 persoas desfilaron en Pantón este sábado e entregáronse máis de 5.000€ en premios

Este ano encabezaban o desfile os traxes tradicionais do Entroido de Budián e contábase...

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...