HomesociedadeInterésache poñer un posto no Mercado de Outono da Praza de Abastos...

Interésache poñer un posto no Mercado de Outono da Praza de Abastos de Monforte?

O Mercado de Produtos de Outono celebrarase os días 4 e 5 de novembro no espazo anexo do mercado monfortino. O prazo para inscribirse e participar remata o 25 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

O prazo de presentación de solicitudes para participar no vindeiro mercado temático de outono empezou o 27 de setembro, día no que se publicaron as bases da convocatoria na páxina web do Concello, e rematará o día 25 de outubro de 2023.

O alcalde de Monforte comentaba sobre a organización do evento que “o Mercado de Outono, ten como obxectivo a promoción e divulgación da nosos produtos gastronómicos propios do outono, xa que nesta mostra reunimos ano a ano a produtores e comerciantes que aportan  variada selección de produtos frescos e elaborados que non poden faltar nas comidas de outono”.

Nesta nova edición do Mercado de Outono poderán participar produtores e comerciantes do sector alimentario relacionados con produtos de tempada de outono, sobre todo os relacionados cos froitos do bosque: cogomelos, castañas, noces, marmelos, froitos do bosque, entre outros, así como aqueles produtos elaborados e transformados dos mesmos.

Para dinamizar o evento, e como atractivo engadido aos postos alimentarios, organizaranse diversas actividades divulgativas e de lecer: contacontos, obradoiros, exposicións e degustacións gastronómicas.

“Este tipo de mercados que organizamos dende a área de promoción económica do Concello, tamén son unha oportunidade para dar a coñecer novas empresas ou produtores que están a iniciar un proxecto empresarial e que poden utilizar estas instalacións como un escaparate para os seus produtos”, comentaba tamén o Alcalde.

PARA INSCRIBIRSE

Os interesados e interesadas en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude “Anexo I”, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, ou ben dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello, nas Casitas da Compañía. Tamén se pode solicitar información no teléfono 982 884775 e no correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...