HomesociedadeUSC e CHMS desenvolverán un plan de aproveitamento agronómico do regadío Val...

USC e CHMS desenvolverán un plan de aproveitamento agronómico do regadío Val de Lemos, mentres o BNG segue demandando a súa modernización

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a senadora Carme Dasilva presentaron varias iniciativas parlamentares para instar á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a modernizar o regadío Val de Lemos e "parar o desperdicio de recursos hídricos que se produce por unhas infraestruturas obsoletas e faltas de actuacións de mantemento."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG leva anos reivindicando a modernización deste regadío á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e solucionar a situación dos regantes. O regadío afecta aos concellos da Pobra do Brollón, Bóveda e Monforte de Lemos, entre outros municipios do Val de Lemos que contan cun sistema de regadío antigo e con falta de mantemento.

Denuncian esta situación de abandono e insisten na necesidade de melloras para incrementar a capacidade produtiva dos terreos de cultivo. “Trátase de miles de hectáreas de terras de cultivo que se atopan nun estado de abandono. O sistema de regadíos esta obsoleto e leva a un desequilibrio no subministro de auga facendo que nunhas zonas se produzan inundacións mentres outras non reciben auga. Pérdense miles de litros de auga de forma absurda”.

Para o BNG “a Confederación Hidrográfica debería actuar con celeridade e urxencia ante un problema cun negativo impacto medioambiental ao desaproveitar a auga embalsada para regadío no río Mao, e impedindo a posibilidade de poñer en produción un total de 5000 hectáreas que están sen cultivar”. Refírense tamén á necesidade de actualizar o censo de regantes, conxuntamente coa Xunta, renegociar as condicións e cotas de pagamentos, e condonar a débeda acumulada, “que é produto da falta de dilixencia e eficacia por parte das dúas administración para dar garantías xurídicas a esta comunidade de regantes. Neste sentido, hai un acordo aprobado por unanimidade no Parlamento galego.”

En resposta aos nacionalistas, a Confederación indica que asinou un Convenio coa Universidade de Santiago para a elaboración dun plan integral para aproveitamento agronómico do regadío Val de Lemos., “A Confederación non concreta as medidas a levar a cabo nin prazos temporais. Unicamente sinala que se están a avaliar as obras de mantemento e reparación necesarias”. Tamén a Confederación afirma que as infraestruturas se reparan e limpan conforme ás necesidades existentes, para o BNG, a realidade contradí estas afirmacións.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...