HomeCulturaAsí é o San Martiño Caníbal de Louseiro, un festival moi peculiar

Así é o San Martiño Caníbal de Louseiro, un festival moi peculiar

O San Martiño Caníbal nace para recuperar a festa que se celebraba antigamente na parroquia de Louseiro. Os membros da organización sempre elixen unha data próxima ao 11 de novembro, día de San Martiño.

Publicado o

- Advertisement -
Este sábado día 10 de novembro celébrase na parroquia de Louseiro (Sarria) a 8ª edición do festival “San Martiño Caníbal”. Está organizado pola Asociación Cultural “Os Gorriós de Louseiro” cos que colabora o concello de Sarria. Para coñecer un pouco máis do festival e a asociación veciñal falamos con Manuel López, presidente da asociación.
Por que se elixiu este nome para un festival?
O nome elixiuse na honra ao patrón da parroquia San Martiño e polo nome do pobo “San Martiño de Louseiro” aínda que é máis coñecido como Louseiro.
Veciños de Louseiro co cartel da Asociación/Asociación Cultural Os Gorriós de Louseiro
Como xurdiu a idea deste festival?
Queriamos recuperar a festa do patrón da parroquia, que se celebraba antigamente, pero que levaba varios anos sen realizarse. Por iso sempre se busca unha data próxima ao 11 de novembro que é o día de San Martiño.
Que grupos de música participan neste festival?
Sempre hai actuacións de música de grupos folk, de grupos máis rock- heavy ou rock-punk e tamén charangas. Este ano todas as actuacións da festa son de grupos ou artistas locais, como Louband, Zume de Miolo, gaiteiros de Goián e Gorriós gaiteiros, exceptuando ao clown Rudi Rudi.
Imaxe do San Martiño Canibal do ano 2016. Actuación de BALKUMBIA/Asociación Cultural Os Gorriós de Louseirio
Este festival ten outras actuacións, ademais das musicais?
Si, este é o segundo ano que temos actuacións para os nenos, neste caso é o clown Rudi Rudi. É unha iniciativa que se tomou hai un par de anos para que os máis pequenos tamén teñan a súa parte de protagonismo nesta festa.
Como se financia este festival?
O festival finánciase coa axuda do Concello de Sarria e con fondos da propia asociación. Non se cobra entrada por asistir ao festival, pero si polo xantar popular, que custa 20€. Aínda se poden adquirir as entradas para o xantar popular poñéndose en contacto con calquera membro da xunta directiva da asociación ou no local Moncho Moda.
Que outros eventos organiza a asociación?
A parte desta festa, un entroido que ten moita tradición, magostos, obras teatrais, comidas, campionatos de cartas, etc.
Imaxe do San Martiño Canibal do ano 2016. Actuación de Vizcaino/Asociación Cultural Os Gorriós de Louseirio
O San Martiño Canibal xa é un evento afianzado na comarca sarriá e que cada edición congrega a máis seguidores.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...