HomesociedadeCume Tapas Exprés, dedicado á loita contra o cancro de mama, do...

Cume Tapas Exprés, dedicado á loita contra o cancro de mama, do 26 ao 29 de outubro en Monforte

Este venres presentouse a 13ª edición do Cume tapas Exprés, certame organizado pola delegación en Monforte da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Estas xornadas gastronómicas desenvolveranse en 6 restaurantes e bares de Monforte dende este xoves 26 e ata o domingo 29 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita gastronómica recuperouse no 2022 tras suspenderse a súa celebración dous anos por coincidir coa pandemia da Covid-19. Desde o concello explicábase que “a decisión de adicalo á loita contra o cancro de mama, parécenos moi acaída, porque onte xoves vimos de celebrar o Día mundial contra o cancro de mama, e o Cume Tapas Exprés dá así continuidade a esta conmemoración, poñéndose do lado de todas as mulleres que están a sufrir o sufriron esta enfermidade.”

Co lema “Maratón gastronómico por elas” quérese homenaxear a toda aquela xente que traballa na loita contra o cancro de mama, “que desgraciadamente é xa o tumor máis diagnosticado do mundo.”

Convídase ós veciños e turistas a participar neste evento e degustar as orixinais elaboracións que conforman este Cume Tapas Exprés, “que proben unhas tapas diferentes e únicas elaboradas por 6 locais de referencia na hostalería da nosa cidade, e que estou seguro de que non lles van defraudar”.

No acto de presentación do Cume Tapas, estiveron o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, o  vicepresidente da Asociación de Hostaleiros de Lugo, José Manuel Cela, a Xefa Territorial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, a Presidenta da Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro, María Luz Abella, así como diversos membros da Corporación municipal, autoridades e representantes do sector hostaleiro. O acto foi presentado pola xornalista, Manola Porto.

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...