HomeMedio ambiente e PatrimonioAsí loce agora a Ponte Medieval de Barxa de Lor

Así loce agora a Ponte Medieval de Barxa de Lor

Trátase dun emblemático monumento do Concello da Pobra do Brollón, no Camiño de Inverno. As obras de rehabilitación realizáronse grazas a unha axuda concedida pola Axencia Turismo de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón presume do novo aspecto que presenta a Ponte Medieval de Barxa de Lor tras as obras de rehabilitación.

Este monumento é un importante recurso patrimonial da Ribeira Sacra que serve simbólicamente de porta de entrada ao concello para os peregrinos e peregrinas que fan o Camiño de Santiago de Inverno.

Entre os traballos de restauración realizados, retirouse a vexetación dos muros da ponte, instalouse unha nova mesa interpretativa, e tamén se colocaron dous focos LED para iluminar as dúas caras da ponte.

Mesa de Interpretación. Foto: Concello A Pobra do Brollón.

As obras realizáronse grazas a unha axuda concedida pola Axencia Turismo de Galicia e os traballos incluíron tamén a adecuación da ruta de sendeirismo do Ouro e do Ferro.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...