HomesociedadeMercado de Outono, o 4 e 5 de novembro na Praza de...

Mercado de Outono, o 4 e 5 de novembro na Praza de Abastos de Monforte

"Con esta actividade axudamos a poñer en valor os produtos típicos do outono e potenciamos o comercio local e de proximidade, creando espazos comerciais e dinamizando servizos como a Praza de Abastos", sinala o alcalde, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte celebra un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos da cidade a vindeira fin de semana, 4 e 5 de novembro. Un mercado de produtos típicos de outono que contará con gastronomía, contacontos e diversos obradoiros relacionados co Samaín e cos cogomelos.

Durante toda a fin de semana poderanse adquirir: castañas, cogomelos, noces ou mel; doces, marmelos ou licores ademais de aceite, embutidos e queixos galegos. Serán 12 postos de venda directa. O mercado abrirá as súas portas o sábado 4 de novembro de 10 a 14 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O domingo, 5 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas.

programa actividades

Sábado 4 de novembro:

  • 12:00 a 13:30 h.- Obradoiro do Samaín para nenos/as. Decoración de cabazas.
  • 18:00 a 19:00 h.- Contacontos con Iseo A Moura “De cea cos defuntos”.
  • 19:00 a 20:30 h.- Showcooking “Cociña de cogomelos”. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto.

Domingo 5 de novembro:

  • 12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de cultivo de cogomelos. Límite de prazas: 30, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...