Homesociedade"Que non te cale o machismo", Monforte celebra o 25N con actividades...

“Que non te cale o machismo”, Monforte celebra o 25N con actividades do 17 ao 30 de setembro

O concello de Monforte presenta os actos que organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. O alcalde convida a todos os axentes sociais e económicos do municipio a participar na campaña de sensibilización que este ano se fai baixo o lema “Que non te cale o machismo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña que conta cun completo programa de actividades fai un chamamento á unión e implicación para seguir avanzando na loita contra a violencia machista. Neste senso, o rexedor monfortino, José Tomé, indicou que “a violencia machista non ten cabida na sociedade que aspiramos a ser, nin na democracia que queremos consolidar. Eliminala das nosas vidas e protexer ás vítimas non é unha opción, é unha obrigación. Para iso necesitamos o compromiso individual da cidadanía, homes e mulleres, e o compromiso colectivo da sociedade todos os días do ano”. Desde o ano 2003, data que marca o inicio da recompilación de datos oficiais, foron asasinadas por violencia de xénero en España 1.237 mulleres. No que levamos de 2023 foron asasinadas 52 mulleres”.

A campaña ideada dende o Concello co gallo do 25-N, estenderase dende este venres día 17 e ata o 30 de novembro. O programa conta cun amplo abano de actividades, cuxa difusión será a través de cartelaría específica e de pancartas conmemorativas, que serán colocadas no edificio do Concello, no Centro Cívico e na Rúa Cardeal. Instalarase un vinilo da campaña no Bus Urbano e o propio 25 de novembro iluminarase de cor malva a Torre da Homenaxe.

Actos centrais do 25-N, e resto de actividades

Como todos os anos, o sábado 25 de novembro acollerá os actos centrais do Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero. Ás 12:30 h, terá lugar o acto conmemorativo do propio día coa Lectura do Manifesto na Rúa Cardeal a cargo de Margarita López Rodríguez, Concelleira de Muller e Igualdade. Posteriormente desenvolverase a Performance “En Pé”, que se repetirá noutras localizacións de 13:00 a 14:30 e de 18 a 20 h. Repartirase tamén material de sensibilización, concretamente paraugas, entre as persoas asistentes.

En canto ó resto de actividades, o venres, 17 de novembro, no Salón de actos do Centro Cívico, celebrarase a Mesa de coordinación profesional contra a violencia de xénero, que se ven celebrando dende o ano 2009 para a mellora de atención a vítimas de violencia de xénero.

Este ano a formación levarase a cabo en liña, coa ponencia titulada “Cultura, masculinidade e violencia de xénero: accións e reaccións”  a cargo de Miguel Lorente Acosta, ex-Delegado do Goberno para a violencia de xénero, doutor en medicina, médico forense e profesor da Universidade de Granada, acreditado experto en medicina legal e en temas relacionados coa violencia de xénero, ademais de  autor de numerosas publicacións académicas e de varios libros sobre a materia..

O 20, 21 e 22 de novembro, terá lugar o Obradoiro de Prevención da Violencia Sexual “Con(Sentido)”, dirixido a alumnado 4º de ESO. A encargada de levar a cabo este obradoiro será a psicóloga sanitaria Paula Sánchez.

Os días 20, 21 e 23 de novembro celebrarase o Obradoiro de Prevención das Violencias Machistas na Contorna Dixital “#Patriarcado Baneado”, esta vez dirixido ao alumnado de 6º Educación Primaria.

O venres, 24 de novembro, de 12:30 a 13:30 h o Salón de Actos do Centro Cívico acollerá a celebración do Obradoiro “Prevención do Acoso Callejero, cuxo obxectivo é formar á poboación para que denuncien este acoso cando se produza, para construír unha conciencia na que o acoso nas rúas sexa visto coma un comportamento inaceptable. O obradoiro é gratuíto e desenvolverase no Salón de Actos do Centro Cívico Social 12:30  a 13:30 H. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición previa no CIM (Tel. 982 41 63 50).

A representación Teatro musical pola Igualdade: “A fada que non sabía ser fada”, a cargo da compañía Trémola Teatro, terá lugar o domingo, 26 de novembro, ás 6 da tarde no Salón de Actos Casa da Cultura, e está dirixida a público familiar, e con entrada gratuíta.

O 28 e 30 de novembro, de 16 a 20 h., no Centro Cívico, impartirase Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que repite no programa dende hai uns anos pola boa acollida que sempre ten. A actividade é gratuíta e co número de prazas limitado, polo que as mulleres interesadas deberán inscribirse previamente no CIM (Tlfo. 982 41 63 50).

José Tomé animou “a todos os veciños e veciñas de Monforte, asociacións, colectivos, entidades e empresas a implicarse na conmemoración do 25 de Novembro, e a que participen nos diversos actos que conforman esta campaña, co obxectivo común de acabar coa lacra da violencia de xénero na nosa sociedade, pois é un tema transversal que nos compete a todos e todas”.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...