HomeCulturaPresentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A autora presenta o poemario 'Versos e lúas" este venres 28 de novembro ás 20:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará a coñecer ao público unha obra de Rochi Nóvoa, unha escritora, pintora, música, activista cultural e mestra de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía.

Trátase dun poemario que leva por título ‘VERSOS E LÚAS” e que está ilustrado por Xosé Eladio. Nel atoparanse “versos que danzan coa maxia dos seres mitolóxicos galegos”.

O acto comeza ás 20:00 h. do venres 28 e a presentación incluirá un recital. Ademais, a autora informa que terá un agasallo especial con aquelas persoas que merquen o libro.

ROCHI NÓVOA

A autora, moi activa culturalmente dende moza, ten publicados poemarios en solitario dende o 2009 e tamén participou en varias obras poéticas colectivas dende o 2014. Tamén destaca por ter colaborado con grupos musicais e por publicar en diferentes medios de comunicación como Nós Diario. Neste 2025 foi finalista do III Premio Internacional de poesía “José García Caneiro”.

Tamén é importante comentar que no 2019 recuperou a figura do Farrumeco, unha das personaxes típicas do Entroido da zona (Xunqueira de Ambía) e común a outros concellos

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...