HomeEconomíaO potencial enoturístico da Ribeira Sacra a debate

O potencial enoturístico da Ribeira Sacra a debate

O acto terá lugar o 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas, na Adega Algueira. Nunha mesa coloquio identificaranse os nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Adega Algueira da D.O. Ribeira Sacra, na subzona de Amandi, vén de ser recoñecida na VIII edición del concurso International Change Industry Awards como a Mellor Experiencia Enoturística de España, galardón que premia o achegamento do viño ao gran público.

Con estes antecedentes a adega é o lugar escollido para acoller unha charla coloquio que leva por título, “A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia”. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta cita que conta coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.

Así, o xoves 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de identificar nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. O obxectivo é involucrar ás adegas na orientación cara un turismo de calidade centrado no enoturismo e identificar oportunidades de emprendemento neste sector.

A inscrición farase a través deste enlace e as actividade desenvolverase conforme ao seguinte programa:

  • 11:00h Recepción de asistentes e benvida.
  • 11:15h Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.
  • 11:30h Mesa Coloquio: as empresas participantes contarán a súa experiencia no enoturismo e debaterán diferentes temas. 

PARTICIPANTES NO COLOQUIO

D.O. Ribeira Sacra (moderador), Adega Algueira, Ponte da Boga, Vista Sacra + Adega Castrofiz + Finca Quinteliña, Enoturismo Galicia, Mais que románico, Terras Gauda, Entre Vides

  • 12:30h Pausa-café.
  • 13:00h Dinámica de proposta de solucións ás necesidades identificadas na mesa coloquio.
  • 13:45h Exposición das conclusións de cada mesa de traballo.
  • 14:00h Peche da xornada.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...