HomesociedadeÚltimo día para inscribirse na Carreira contra o Cancro que se celebra...

Último día para inscribirse na Carreira contra o Cancro que se celebra en Monforte o 26 de novembro

Este venres, 24 de novembro, é o último día para inscribirse na Carreira e Andaina, Monforte en Marcha contra o Cancro que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro organiza en Monforte coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia. A carreira terá lugar o domingo, 26 de novembro, ás 12 do mediodía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este evento deportivo e solidario comezará ás 12 do mediodía do día 26 e desenvolverase nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía. A carreira contará con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

A inscrición para participar na carreira está aberta ata este venres, 24 de novembro. Pode facerse de xeito online ou no local da asociación. O prezo para a inscrición, que inclúe camiseta, é de 10€, e todos os fondos recadados irán destinados a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030. Tamén hai a posibilidade de colaborar cun dorsal solidario para aquelas persoas que non poidan participar na actividade.

A Policía Local colaborará no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorra a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes. Neste senso, a carreira implica o corte de vías de comunicación da cidade polas que transcorrerá a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma, cortes que serán levados a cabo pola policia municipal.

A Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López destacou na presentación que “colaboramos nesta iniciativa poñendo á disposición dos organizadores toda a maquinaria técnica e organizativa necesarias para que a carreira e andaina resulten todo un éxito e estamos seguras de que así será”. Lembrou tamén a colaboración constante do concello de Monforte coa Asociación Española contra o Cancro na provincia de Lugo, cedendo 3 locais para para a atención a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade e colaborando en todas cantas actividades desenvolven na cidade do Cabe.

O Delegado Territorial, Javier Arias, tamén destacou a colaboración coa AECC e lembrou que a Xunta ten en marcha a Estratexia de Xestión do Cancro en Galicia, co obxectivo de reducir a incidencia desta patoloxía e mellorar a atención aos pacientes. Dentro das medidas impulsadas, fixo fincapé nos programas de cribado de cancros como o de mama ou colorrectal; e nos investimentos da Consellería de Sanidade para dotar de alta tecnoloxía os hospitais públicos. Nese sentido, destacou algunhas das actuacións máis recentes no hospital comarcal de Monforte de Lemos, como a incorporación dun novo TAC este mesmo ano ou a recente reforma do hospital de día oncohematolóxico.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...