HomesociedadeSentenza favorable ao concello de Monforte fronte ao recurso de Rutas Sacras...

Sentenza favorable ao concello de Monforte fronte ao recurso de Rutas Sacras SLU polo concurso do Centro do Viño

A empresa, Rutas Sacras S.L.U., anterior concesionaria deste servizo, alegaba que o Convenio Colectivo de Axencia de Viaxes contemplado nos pregos non era correcto. Tamén alegaban a existencia de erros no cálculo dos custos laborais do contrato respecto do Convenio Colectivo de Axencias de Viaxes ao non ter en conta a existencia de catro pagas extraordinarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No seu momento, o Concello desestimou a pretensión da empresa, e seguiu adiante co proceso de licitación, que foi finalmente adxudicado o 5 de maio de 2021 á UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Numero 1”, UTE que tamén actuou como codemandada. Desde o equipo de goberno sinalan que a empresa Rutas Sacras SLU non presentou oferta neste proceso de licitación de xestión do Centro do Viño e outros servizos turísticos.

A sentenza favorable ó Concello indica, con respecto ó convenio colectivo de aplicación, “De conformidad con la regulación transcrita y atendiendo a la actividad que desarrolla la entidad “RUTAS SACRAS NOMAR UTE” en los distintos espacios del concello de Monforte de Lemos (hecho probado quinto), no resulta de aplicación el Convenio Colectivo Marco Estatal del Sector Ocio Educativo y Animación Sociocultural, puesto que la actividad desarrollada por el trabajador no se caracteriza por su carácter educativo o formativo, sino que tiene por finalidad divulgar información de carácter turístico respecto del concello de Monforte de Lemos, su comarca y el camino de Santiago. Al no resultar el convenio colectivo de OCIO EDUCATIVO y ANIMACIÓN SOCICULTURAL la entidad entrante en el servicio de gestión de los distintos espacios del concello de Monforte de Lemos no tenía la obligación de subrogar al demandante

Así tamén, o xulgado determina que o demandante non pode esixir que se prevea a subrogación dos traballadores, pois o convenio de aplicación (que é o de Axencias de Viaxe) non recolle a obrigatoriedade de subrogar.

En canto á alegación relativa ás pagas extraordinarias e á insuficiencia do número de traballadores para prestar a axeitada cobertura ós centros recollidos polo contrato, a sentenza sinala que “habiendo estado conforme la UTE que resultó adjudicataria, sólo se puede, concluir que el precio ofertado resultó adecuado y fundamentado económicamente, siendo indiferente, en consecuencia, que la parte actora entienda que era inviable”. O xulgado descarta así a inviabilidade na que se fundamentaba a pretensión da empresa demandante.

Coa desestimación do recurso contencioso-administrativo interposto por RUTAS SACRAS S.L.U. fronte ó Concello de Monforte e á actual UTE que xestiona o Centro do Viño e outros servizos turísticos do municipio, impóñenselle ó demandante as costas procesais, ata un máximo de 800€.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...