HomeTerra de LemossanidadeO centro de saúde de Monforte baixo mínimos, denuncian Pladesapu e Esperta...

O centro de saúde de Monforte baixo mínimos, denuncian Pladesapu e Esperta Monforte

"Todos entendemos que nestas datas, as solicitudes de vacacións, días libres e baixas son un dereito lexítimo de calquer traballador, pero tamén é obriga do Sergas a cobertura destes permisos, e non anular a maioria das axendas médicas do mes de decembro sen aviso previo aos pacientes ou a imposibilidade de pedir citas", critican desde Pladesapu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade da Zona Sur, leva meses advertindo da falta de persoal no centro de saúde de Monforte, con especial preocupación pola falta de pediatras. “A situación segue a ser a mesma con decenas de nenos citados para 1 só pediatra e 1 soa enfermeira, de modo programado e por urxencias; provocando o caos, a sobreexplotacion da unica pediatra e a indignación de nais e pais, enfadados polas esperas e a falta de coordinación dunha situacion denunciada moitas veces”, aseguran desde a plataforma.

Insisten en que se leva moito tempo nesta situación con revisións protocolarizadas que se retrasan mais de 4 meses, no caso de pediatria. Nesta situación volven a esixirlle á Xerencia de Atención Primaria a resolución deste problema “que repercute nun dos colectivos máis vulnerables da sociedade”.

Pola súa banda, Esperta Monforte destaca unha vez máis o “deterioro imparable” da sanidade pública en xeral, e en Monforte en particular, dende a perda da Área Sanitaria. “O menoscabo da atención especializada concrétase no aumento de listas de espera, perda de servizos e especialistas no hospital, e a necesidade de desprazarse a Lugo por patoloxías  que antes podían ser atendidas aquí”, asegura a formación política.

A situación agrávase ao sumarse a atención primaria, “existen plantillas incompletas, non se cobren postos vacantes, hai menos persoal e con maior sobrecarga de traballo o que redunda nunha asistencia de peor calidade. Este luns o Centro de saúde de Monforte viviu un dos seus peores días nos últimos meses o que motivou as queixas repetidas dos usuarios”, sinalan desde Esperta Monforte, ao referirse a algunhas familias que tiveron que desprazarse ao Hospital de Ourense por urxencias, dada a demora en ser atendidas.

Espertamonforte solicita á Conselleria de Santidade da Xunta de Galicia un compromiso e un investimento acorde para mellorar a Sanidade Pública, “servizo imprescindible e irrenunciable”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...