HomesociedadeO mercadillo solidario de Nadal organizado no Club Fluvial de Monforte recada...

O mercadillo solidario de Nadal organizado no Club Fluvial de Monforte recada 2.700€

Unhas 900 persoas visitaron o mercadillo solidario celebrado o pasado 23 de decembro no Club Fluvial de Monforte, organizado por Colectivo Vermut.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O bo tempo acompañou na celebración deste mercadillo solidatios e vendéronse 737 entradas, sen contar aos menores de 16 anos que entraban gratis. Dos máis pequenos, medio cento asistiron á visita de Papá Noel pola mañá e 35 ó contacontos de pola tarde.

A organización móstrase moi satisfeita co resultado desta primeira edición, tanto polo número de asistentes como polos cartos recadados, máis de 2700€ a repartir entre as asociacións beneficiarias.

O Bingo solidario recadou 1033€ que van directos á asociación española Harit Gambia. Concretamente ó seu proxecto New Life Family House, un centro de acollida e escolarización para máis de 30 menores sen recursos familiares en Lamin, Gambia. 

Da venda de entradas, as cotas dos postos e a comida e bebida, e xa descontados os gastos, recadáronse 1750€, que se repartirán entre as asociacións monfortinas beneficiarias: Afamon, Auxilia, Cáritas, Cruz Vermella e Ruliños.

Mercadillo exterior Club Fluvial / Colectivo Vermut

No momento de abonar as entradas e as cotas dos postos, visitantes e expositores podían elixir a que asociación destinaban a súa doazón, elixindo unha das cinco ou a opción de “a repartir entre todas”. Feito o reconto sacouse a porcentaxe de todos os cartos recadados que irá destinada a cada asociación:

  • 18%, 314€, para Afamon, asociación de familiares de persoas con alzheimer.
  • 13,5, 236€, para Auxilia, asociación que traballa pola integración social e cultural de persoas con discapacidade física e enfermos de longa curación.
  • 12,5%, 219€, para Cáritas, entidad de acción caritativa e social da Igrexa Católica traballando polas persoas excluidas, maiores, sen fogar e a infancia.
  • 21,5%, 374€, para Cruz Vermella, organización humanitaria que da respostas integrais ás persoas vulnerables.
  • 34,5%, 607€, para Ruliños, asociación de asesoramento e apoio a familias con nenos e adolescentes con necesidades especiais.

Desde a organización aseguran que o mercadillo foi posible grazas á colaboración de moitas empresas e profesionais da comarca e do Club Fluvial de Monforte, coa axuda de 20 persoas voluntarias, a participación de máis de 30 expositores e a solidaridade dos asistentes.

Bingo Club Fluvial / Colectivo Vermut

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...