HomeEconomíaCampaña solidaria de Nadal en Taboada para as familias con poucos recursos

Campaña solidaria de Nadal en Taboada para as familias con poucos recursos

Para beneficiarse da axuda había que estar empadroados no concello, polo menos con 3 meses de antigüidade, non ter cumpridos 18 anos a data 31/12/2023 e cumprir cos requisitos económicos estipulados nas bases.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Taboada, a través da súa área de igualdade, benestar e sanidade, saca por primeira vez unha campaña de axudas de Nadal para familias con poucos recursos. A concelleira, Patricia Conde, asegura que estas datas son de especial importancia para as familias con nenos ao cargo, así servizos sociais coa axuda de Amigos de Galicia e o CPI Santo Tomé do Carballo estudaron as familias que cumpren o baremo “para que ningunha pequena/o, pola súa condición económica familiar, quede sen agasallos”.

Da iniciativa beneficiáronse unhas 10 familias e en consecuencia 13 nenos. A contía que se achega ás familias é de 50€ por neno, cartos que terán que ser gastados en comercios da localidade para adquirir roupa, xoguetes, novas tecnoloxías ou material escolar, “tiñamos claro que queriamos que os cartos quedasen nos comercios locais e non que marcharan para grandes áreas, así os 650€ que supoñen as axudas quedarán para beneficio da economía local”, indica José Portela, tenente de alcalde do concello de Taboada.

Ademais o pasado 30 de decembro, o Taboada CF e os AD Veteranos Taboada celebraron un encontro na Medela no que os asistentes podían deixar un agasallo, para que non quedara ningún neno sen o seu aguinaldo. Recibíronse case 80 xoguetes polo que os clubs valoran positivamente a colaboración veciñal e esperan repetir en próximas ocasións. Desde servizos socias de Taboada valorarase agora o seu destino.

ÚLTIMAS

pavillón sarria

A XUNTA INVISTE 60.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PAVILLÓN DEPORTIVO DE...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...