HomesociedadeO GDR Ribeira Sacra Courel presenta o 15 de xaneiro o seu...

O GDR Ribeira Sacra Courel presenta o 15 de xaneiro o seu programa de experiencias turísticas

O programa presentarase o día 15 na zona norte ás 11:30 h na Casa do Concello de Samos e na zona sur ás 16:30 h no Restaurante Praia da Cova (O Saviñao). Nestas citas entregaranse as fichas de inscrición que cada empresario deberá devolverá debidamente cubertas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O GDR Ribeira Sacra Courel co gallo de contribuír a difusión dos recursos do territorio e fomento do emprendemento, así como na laboura de coordinación dos actores no eido turístico de cada unha destas zonas, pon en marcha una proxecto para a creación de experiencias turísticas en tres zonas claramente diferenciadas dende o punto de vista da planificación estratéxica turística: a Ribeira Sacra, o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o recén creado Destino Courel.

O obxetivo deste programa é contribuír a deseñar e crear experiencias turísticas e a súa posterior integración para unha promoción conxunta destas experiencias turísticas únicas diferenciadas, e que permitan conectar ao turista co territorio.

No caso da Ribeira Sacra céntrarase na creación de experiencias vencelladas a itinerarios naúticos-terrestres nos ríos Sil e Miño. No Xeoparque Montañas do Courel porase o foco nas experiencias coa xeodiversidade e biodiversidade que atesoura o territorio. Por último, no Destino Courel estarán orientadas á gastronomía e arte urbana.

Este programa está dirixido a tódalas empresas do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel pertencentes á cadea de valor do sector turístico. Entre outras tipoloxías de empresa poderán inscribirse no programa operadores de transporte turístico de viaxeiros polo rio Sil e Miño, aloxamentos rurais, hoteis, restaurantes, operadoras de turismo, guías turísticos, viñedos e adegas, queixarías, gandarías, apicultores, artesáns e a todo aquel interesado na xeración de valor a través do turismo. O programa desenvolverase no mes de febreiro-marzo de 2024.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...