HomeCulturaO Entroido de Budián, na parroquia de Acedre, será o 11 de...

O Entroido de Budián, na parroquia de Acedre, será o 11 de febreiro

Este entroido rural de Pantón é posible grazas ao traballo da asociación de veciños San Brais de San Romao de Acedre e a asociación cultural Segredos de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O vindeiro domingo 11 de febreiro a asociación de veciños San Brais de San Romao de Acedre e a asociación cultural Segredos de Pantón organizarán o tradicional percorrido do “Entroido de Budián” pola parroquia de Acedre.

“Está previsto saír ás 10:30 dende o Campo en Budián e dende alí percorrer as aldeas de Acedre e incluso algúns lugares estremeiros pertencentes á freguesía de Santiago de Cangas”, comentan dende Segredos de Pantón.

Entroido de Budián 2023. Foto: SdP.

Estarán presentes as figuras máis representativas do recuperado entroido: os Farranquís e os Brancos.

ÚLTIMAS

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...