HomePolíticaCourel Vivo demanda solucións a 1 ano de retrasos na estrada entre...

Courel Vivo demanda solucións a 1 ano de retrasos na estrada entre Folgoso e Seoane

Lembran que a obra foi licitada no 2021 e o 11 de marzo de 2022 a Xunta de Galicia resolveu a licitación da mellora da estrada LU-651. Treito: Ferrería Vella-Seoane do Courel, de clave LU/17/128.01.1. E/042/2021 por 3.292.989,59 Euros. Dábase un prazo de 12 meses para realizar a citada obra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Consideran desde Courel Vivo que o municipio é “sistematicamente aldraxado con obras de segunda” e demandan a quen goberne na Xunta na próxima lexislatura, “que se comprometa firmemente co Courel e unha solución áxil para rematar a citada licitación que xa leva 12 meses de retraso”.

Esixen que o municipio poida contar coa súa estrada principal en boas condicións, “Vemos como pasamos de ter unha estrada cun pavimento aceptable a ter un lamazal de terra pola que temos que pasar.”

Lamentan que o concello non dea explicacións nos plenos, “por non ter informacións” e pídenlle ao equipo de goberno que demande da Xunta o necesario para non seguir padecendo esta situación, “vemos como os grandes prexudicados son as empresas, o turismo e a veciñanza”.

Esixen tamén que se realice unha reparación inmediata de todas as fochancas e regos producidos polas obras. Pedindo que a mellora se faga usando asfalto e non “con terra e grava solta que ainda deteriora máis o pavimento e que a circulación sexa perigosa”.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...