HomePolítica19,5 millóns de euros para a mellora de camiños municipais de acceso...

19,5 millóns de euros para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

A convocatoria de subvencións publicouse o día 25 de xaneiro no DOG e dende este venres haberá un mes para solicitalas. O Plan está distribuído en dúas anualidades, 2024-2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria de subvencións publicada no DOG conta cun orzamento de case 19,5 millóns de euros distribuído en dúas anualidades: 9,5 millóns para 2024 e 9,99 millóns para 2025. Este crédito está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader) da  medida 0431 do PDR de Galicia 2024-2020, nun 7.5% por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5% por fondos propios da Xunta de Galicia.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Son subvencionables aquelas actuacións de ampliación –que supoñen un incremento da largura que incide na mellora da seguranza viaria ou permitan o cruce de vehículos ou alargamentos necesarios en zona de curvas–, de mellora –un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado–, e mantemento –tanto do firme existente como das súas marxes–.

Pola contra, non serán subvencionables aquelas actuacións que consistan unicamente no arranxo de fochas ou aquelas que se realicen en vías interiores dentro dos núcleos de poboación. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres proxectos e cada un dos proxectos poderá comprender ata un máximo de tres actuacións.

Para os efectos deste plan enténdese por camiño de acceso a parcelas agrícolas aquel que sexa de titularidade municipal e que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, a cando menos dúas parcelas agrícolas.

COMO SE DISTRIBÚEN AS ACHEGAS?

Do montante total da convocatoria, 17.998.525 euros asígnanse para todos os concellos partindo de cantidades fixas que se modulan empregando criterios de despoboamento, envellecemento, superficie do concello e un coeficiente de agrariedade onde se empregan datos de carácter socioeconómico vinculados a actividade agraria. Cos 1,5 millóns de euros restantes financiaranse a redacción dos estudos integrais da rede viaria municipal.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...