HomesociedadeO 16 de marzo regresa a Xuntanza de Palilleiras Vila de Sarria...

O 16 de marzo regresa a Xuntanza de Palilleiras Vila de Sarria despois de 4 anos de ausencia

O tradicional encontro palilleiro de Sarria volve o 16 de marzo da man da Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria. A Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais Vila de Sarria chega así á novena edición co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente e deputado de artesanía e deseño, Efrén Castro, entregou a usuarias da entidade organizadora, material para repartir entre os asistentes á xornada, que se agarda que ronden as 300 persoas.

Os libros “Samos” e “Ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo”, ambos editados polo servizo de Publicacións da institución provincial, forman parte desta colección que se levarán as palilleiras, así como artesanía de Pablo Mazoy, Rosa Jove e Nacho Porto, coas que se recoñece o traballo das outras entidades participantes.

Dende a agrupación sarriá móstranse con ilusión ante a novena edición dunha cita que recuperan tras un cambio na directiva e coa que recoñecen, esperan chegar a un gran público e “encher o pavillón do Chanto con mulleres e homes de todas as idades co único obxectivo de conservar este arte”.

“Citas coma esta permiten conservar o noso patrimonio artístico e material e dar a coñecer un traballo que, sobre todo, avoas e nais conservan grazas aos seus antepasados. Con esta xuntanza podemos achegarnos a novas xeracións, algo esencial para que sobrevivan oficios e traballos coma este”, explicou Efrén Castro.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...