Grupo Calor e Lume é unha empresa que ten a súa sede en Monforte e que colleu o relevo da tenda A Lareira, do prestixioso Grupo Leiro, que levaba xa funcionando dende hai uns 64 anos. O seu xerente, Marcos García Varela, cóntanos como daquela apostaron pola transición das chemineas de leña de toda a vida ao mundo do pellet e da biomasa, interesándose pola comodidade do cliente e a comercialización de produtos combustibles económicos e respectuosos co medio ambiente. Tamén nos conta Marcos que foron dos primeiros que ofreceron servizos de desfeluxado -deshollinado- e de mantemento, cando “daquela case ninguén limpaba as chemineas nin as cociñas”.
LIQUIDACIÓN DE ESTUFAS DE PELLETS CON SERVIZO TÉCNICO INCLUÍDO
Nestes momentos están liquidando estufas de pellets con ofertas moi importantes por estar camiño do final de campaña, estufas das que eles levan o servizo técnico, algo moi importante para o cliente. Marcos neste punto sinala que “se compras noutro lado tes problemas porque non che cubren o servizo de reparación, despois a xente quéixase de que compran noutros lados e as marcas non lles reparan… con nós non hai sorpresas, se mercan na nosa tenda imos darlles cobertura”. “Insistímoslle á xente de que non só se fixen no prezo e que miren sempre ben o do servizo técnico”, lembra tamén.
A súa traxectoria no sector, Calor e Lume leva operando nas Terras de Lemos dende hai máis de 19 anos, preséntaos como unha garantía no que se refire á biomasa, á comercialización de cociñas, estufas e caldeiras; e por suposto no servizo postvenda.
“Insistímoslle á xente de que non só se fixen no prezo e que miren sempre ben o do servizo técnico”
SERVIZO DE DESFELUXADO (DESHOLLINADO)
Este servizo é tamén un dos que poden presumir pois foron dos pioneiros na zona en ofrecelo “cando daquela case ninguén limpaba as chemineas”, lembra Marcos García.
“Debería ser obrigatorio facer unha limpeza ao ano e vemos que aquí en España hai pouco costume de facelo con esta regularidade”, comenta o noso entrevistado referindo que clientes que ten extranxeiros están máis concienciados porque nos seus paises de orixe os controis sobre este tema son máis estritos.
“Hai xente que ten perdido a casa ao arderlle por culpa dalgunha estufa ou cheminea”, lembra Marcos dándolle a importancia que ten a limpeza, mantemento e desfeluxado. E engade que xa non se trata só do perigo de perder unha casa, ou vidas incluso, senon que despois pode pasar que as Compañías de seguros non cubran os desperfectos ocasionados alegando falta de mantemento.
Un bo mantemento e desfeluxe anual pode salvar vidas. As chemineas acumulan o que se chama “creosota”, un residuo tóxico que se crea da combustión de madeira, combustibles fósiles ou alcatrán. Esta substancia pégase aos condutos de escape de fumes e acaba atrancando e limitando a súa saída ao exterior. Coa limpeza das chemineas evítanse incendios, intoxicacións, afórrase e presérvase o medio ambiente.
Un bo mantemento e desfeluxe anual pode salvar vidas
Segundo Marcos o aconsellable é facer unha limpeza anual “como cando imos ao dentista facer unha hixiene bucal”. E se non, dinos tamén que debemos atender a certos síntomas do noso sistema de calefacción para saber cando toca un desfeluxe: Cando a estufa bote fume para fóra, teña unha combustión lenta e tire con dificultade ou cando notemos que quenta menos do que debería.