HomesociedadeSemana Santa en Chantada: Procesións e Festival de Charangas

Semana Santa en Chantada: Procesións e Festival de Charangas

A confraría Xesús Nazareno Virxe Dolorosa organiza o Venres Santo a 'Procesión dos Caladiños' e o sábado 30 de marzo celebrarase o II Festival de Charangas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro dos actos litúrxicos da Semana Santa de Chantada destaca a Procesión dos Caladiños, que organiza no Venres Santo a confraría Xesús Nazareno Virxe Dolorosa. Estas dúas imaxes saen ás 21:00 da igrexa nova para percorrer toda a cortorna do casco vello de Chantada. O silencio da procesión só se acompaña do toque de tambor da banda. Na Praza de Santa Ana terá lugar un encontro do Xesús Nazareno coa Virxe Dolorosa.

Esta procesión retomouse no 2001, pero no arquivo parroquial hai datos dunha procesión semellante de hai máis de dous séculos. Por falta de relevo xeracional foise perdendo e a mediados dos anos 60 deixou de celebrarse, aínda que seguiu habendo fervor polas imaxes, pero non saían en procesión.

Arturo Blanco, Confrade Maior, asegura que “estamos moi contentos coa participación. Para levar as andas das imaxes e as propias imaxes que son de madeira de cedro, o peso é bastante importante e somos ao redor de 70 confrades, sempre é importante que haxa relevo que son ao redor de 3 horas de procesión, pero temos relevo e devoción. Despois deste ano, estaremos desexando celebrar o 25 aniversario”.

II FESTIVAL DE CHARANGAS

O vindeiro 30 de marzo Chantada acollerá o II Festival de Charangas. Unha cita que comezaba a celebrarse o ano pasado durante a Semana Santa e que foi todo un éxito, polo que este ano mantense, como explica o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez: “o Festival xorde de conversas coa charanga local que propuxo este tipo de actividade. Comezamos o ano pasado e resultou moi ben. Decidimos facelo nestas datas porque moita xente visita Chantada e queriamos ofrecer unha proposta distinta para todo tipo de público, darlles alegría e festa a veciños e visitantes”.

Charanga local Unión Phenosa en Carballedo. Foto: XdL.

O evento comezará las 12.30h. co concerto de André Phmollo na rúa Leonardo Rodríguez. Xa pola tarde, actuarán polas rúas da vila as charangas Bicoia, Fuego Street Band, Louband e a charanga local Unión Phenosa, que desenvolverán tamén concertos en diferentes escenarios ata ben entrada a noite.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...