Homesociedade'Da Escola á Granxa' chega á 3ª edición con 9 proxectos emprendedores...

‘Da Escola á Granxa’ chega á 3ª edición con 9 proxectos emprendedores do sur de Lugo

Esta iniciativa, que parte de Medio Rural da área da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, financia visitas escolares a granxas e proxectos de emprendemento no rural a través de subvencións de concorrencia competitiva a Anpas de centros educativos de infantil e primaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Rural Daniel García reuniuse o pasado 7 de maio con representantes das 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural que participan na terceira edición do programa “Da Escola á Granxa”, que se consolidou como o proxecto de maior investimento e proxección que está a desenvolver a área da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Na presentación desta nova edición, o deputado de Rural Daniel García agradeceu “a colaboración de todas as entidades na consolidación do programa” e valorou a evolución do proxecto que nestes tres anos. O proxecto medrou cuantitativamente “pasando das 25 granxas que participaron na primeira edicion ata as 34 actuais e das 70 ás case 130 visitas e obradoiros que se desenvolverán este ano”, e tamén cualitativamente, “ampliando a cobertura e creando unha rede de granxas e pequenas producións agroalimentarias que demostra a potencialidade da actividade agrogandeira en todo o territorio da provincia e que teñen as ferramentas e a experiencia para actuaren tamén como axentes educativos”.

PROXECTOS PARTICIPANTES

Na edición deste ano 34 serán as granxas e proxectos de emprendemento no rural da provincia de Lugo que participen en “Da Escola á Granxa”.

Os proxectos do sur de Lugo que se manteñen respecto a anos anteriores son: A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns), Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) e Muvicla (museo de maquinaria agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara.

As granxas que se incorporan este ano no sur de Lugo son: Froitos da Horta A Ruliña, en Carballedo, a queixería e produción de vacún de leite Puluán, en Monforte.

PROGRAMA DA ESCOLA Á GRANXA

Esta iniciativa, que parte de Medio Rural da área da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, financia visitas escolares a granxas e proxectos de emprendemento no rural a través de subvencións de concorrencia competitiva a Anpas de centros educativos de infantil e primaria, priorizando as de municipios de menos de 20.000 habitantes.

As anpas reciben achegas entre os 300 e os 900 euros para financiar o custo da actividade e o desprazamento ata as granxas e producións agroalimentarias que participan no programa, que conta cun orzamento total de 100.000 euros.

A Xunta de Goberno da Deputacion Provincial aprobará este venres a resolución da convocatoria, coa listaxe das anpas beneficiarias das actividades nesta terceira edición, que se desenvolverán ata final de ano, dacordo co calendario coordinado entre as anpas e as granxas.

NOVA EDICIÓN DO LIBRO DOS BOLECHAS: DA ESCOLA Á GRANXA

Na presentación da 3ª edición do programa de achegamento da cativada ao emprendemento no rural tamén se deu a coñecer a nova edición do libro “Os Bolechas. Da Escola á Granxa”. Unha publicación na que as granxeiras e granxeiros que participan no programa convértense nuns personaxes máis do universo creado por Pepe Carreiro e co que se agasalla a todas as nenas e nenos que participan nas visitas.   

A publicación, que recolle fichas descritivas das 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural, reforzou o seu contido didáctico coa introdución de conceptos relacionados coa agricultura, a gandería e a produción agroalimentaria e cun caderno de actividades.

O deputado Daniel García subliñou que a publicación, que se concebiu como un material de apoio para as visitas, ofrece tamén a posibilidade de transmitir ás nenas e nenos a importancia do rural para a produción alimentaria en distintos contextos educativos ou de divulgación.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...