HomesociedadeChantada acollerá unha xornada de diálogos sobre a profesionalizacion do Turismo

Chantada acollerá unha xornada de diálogos sobre a profesionalizacion do Turismo

Será o vindeiro 13 de maio, de 17 a 19:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada estando organizada pola ONG "Acción contra el Hambre" e en colaboración co concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 13 de maio, o Auditorio Municipal de Chantada será o punto de encontro dunha xuntanza centrada no turismo e coa que abrir diálogos sobre o futuro do sector. Está organizada pola ONG “Acción contra el Hambre” e en colaboración co Concello de Chantada.

Esta actividade, enmarcada no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, financiado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE; ten vocación de ser a primeira dun percorrido que permita que entidades, empresas e cidadanía conversen, desvelen potenciais, estuden sinerxías e, en definitiva, colaboren para construír un futuro para todos e todas de maneira consciente e en consonancia co desenvolvemento rural.

Acción contra el Hambre fai un chamamento a todas aquelas persoas profesionais do sector turístico, e tamén a aquelas outras interesadas ou que consideran que poden explorar novas oportunidades neste eido: estudantes, asociacións, persoas desempregadas, empresas do sector primario ou servizos, emprendedoras, etc.

Nesta primeira reunión haberá representación do Concello de Chantada e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra; e poderase falar de financiación, desestacionalización, profesionalización, emprego, actividades complementarias… Partindo das intervencións dos/as presentes e cun enfoque participativo, intentando identificar ideas e obxectivos que dean continuidade a estas xuntanzas. Sempre coa vista posta na creación e mellora do emprego e na dinamización territorial como formas de fixar poboación no rural.

Para máis información ou confirmar asistencia pódese contactar co teléfono 648 16 68 48 ou enviar un correo a arandolfe@accioncontraelhambre.org.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...