HomeTerra de LemosMonforteO Centro do Viño da Ribeira Sacra abre as súas portas para...

O Centro do Viño da Ribeira Sacra abre as súas portas para a V Cata de Viños Patrimonio Ribeira Sacra

Un total de 27 enólogos catarán 141 mostras de viño de 57 adegas, a maior parte deles traballan en adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -
A V Cata de Viños patrimonio Ribeira Sacra celébrase este venres e sábado 23 e 24 de novembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Un total de 27 enólogos catarán 141 mostras de viño de 57 adegas, a maior parte deles traballan en adegas desta denominación de orixe. Participan os catro viños rosados que se estan elaborando na D.O Ribeira Sacra, 61 tintos novos dos cales 46 son de barrica, ádemas 17 brancos e 7 de barrica e 6 en formato magnum (1.5 litros).
A Asociación Galega de Enólogos AGE, é a encargada de probar e puntuar os viños dos que só 26 serán premiados. Os galardóns repartiranse da seguinte forma; tres premios nas categorías de tintos novos, de barrica e doutras anadas, dous premios para os brancos jovenes e un para os de barrica, na modalidade de Gran Patrimonio, mangnum e rosados, que serán premiados por primeira vez.
O sábado día 24 de novembro xa se coñecerán os premiados en cada unha das categorías participantes
O evento está organizado polo Centro do Viño da Ribeira Sacra e a asociación de Enólogos en colaboración co Concello de Monforte. Participa tamén a Escola de Hostalería de Rosende en Sober, que serán os encargados de servir os viños.

 

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...