HomesociedadeO monfortino David Rodríguez estará na presentación do filme 'As Neves' en...

O monfortino David Rodríguez estará na presentación do filme ‘As Neves’ en Monforte

A longametraxe chega aos Cine Hollywood este venres 31 de maio e estará, como mínimo, ata o xoves 6 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

A longametraxe As Neves, ópera prima escrita e dirixida por Sonia Méndez, chega por fin ás salas de cine de Monforte a partir deste venres 31 de maio. Estará dispoñible en sesións diarias nos Cines Hollywood como mínimo ata o xoves 6 de xuño.

Para a estrea do filme na cidade do Cabe estará presente un dos seus actores protagonistas, o monfortino David Rodríguez, ao que coñecemos xa pola súa brillante participación na longametraxe Live is Life, de Dani de la Torre, rodada en diferentes localizacións da Ribeira Sacra en 2021. O pase presentado por David será este venres 31 ás 20:30h nos Cines Hollywood.

O filme, que xa chegou ás salas o pasado 10 de maio coa distribuidora Sideral, é un drama adolescente ambientado nunha vila ficticia chamada As Neves, en terras da Fonsagrada, que se achega con mirada íntima á xeración moza que vive no contraste entre a hiperconexión e o aillamiento. Unha produción de Cósmica Producións en coproducción con Aquí y Allí Films, coa participación de RTVECRTVG e CREA SGR, a colaboración de HBO, o financiamento do Ministerio de Cultura (ICAA), o Instituto de Crédito Oficial e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

SINOPSE

As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. Na noite do Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa e toman setas alucinóxenas por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Comeza unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...