HomePolítica"Tome négase a solicitar axudas da Xunta por capricho político", aseguran os...

“Tome négase a solicitar axudas da Xunta por capricho político”, aseguran os populares de Monforte

Dende o PP de Monforte denuncian a falta de capacidade de Tomé para xestionar o Concello de Monforte e que “unicamente está preocupado polos titulares e as fotos”. Así o expresa a voceira popular, Katy Varela, tras ver como no pleno do pasado luns o alcalde non respostou á súa pregunta: “Solicitou o Concello de Monforte as axudas da Xunta de Galicia para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais e para o reforzo e extensión da rede eléctrica dos parques empresariais?”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela afirma que o alcalde foi incapaz de aclarar no pleno de maio se solicitou as axudas autonómicas para a mellora dos parques empresariais e para o reforzo e extensión da rede eléctrica dos parques empresariais

Segundo os populares, a resposta de Tomé foron reproches cara a Xunta, cando é o goberno autonómico o que ofrece estes fondos para poder realizar esas melloras nas zonas industriais, “Un novo exemplo de que Tomé négase a solicitar os fondos que pon a disposición o goberno galego unicamente por capricho político”, denunciou.

Katy Varela tamén critica tamén a “falta de alternativas” do alcalde para realizar actuacións necesarias “cando algo non sae como tiña previsto” en alusión á obra de renovación do saneamento na Compañía que, “finalmente, non se realizará”, lamenta Varela.

Preguntado o alcalde no pleno sobre este tema dixo que “realizarase a renovación no Morín”. “A realidade é que anunciou a obra na Compañía e non se vai a facer”, asegura a voceira popular.

Para os populares, “Tomé segue impedindo o crecemento que Monforte necesita xa que so se preocupa de buscar titulares que lle dean protagonismo a pesar de que logo, como sucede na Compañía, non se cumpra o anunciado.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...